O Concello de Touro aposta pola compostexe doméstica. Hoxe instalou un stand na Feira do día 5, que todos os días 5 de cada mes se celebra nas rúas de Fonte Díaz, para promover entre a veciñanza a compostaxe doméstica. O Concello entregou arredor de 20 composteiros aos veciños e veciñas interesados. Os requisitos que debían cumplir: residir no Concello de Touro e ter terreo para instalar o composteiro.
O Concello de Touro anima á veciñanza a inscribirse no Programa de Compostaxe Domiciliaria. Quen o desexe e cumpla os requisitos pode apuntarse vía whatsapp no 676.616.831, por teléfono no 987.218.542 e por email no concellodetouroreciclaorganico@gmail.com. O Concello de Touro aposta pola compostaxe doméstica, que consiste na degradación dos residuos orgánicos xerados nos fogares, como restos de alimentos, restos de sega de poda… O compost xerado polo proceso de compostaxe doméstica é útil como fertilizante natural para hortas e xardíns.