A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o Workshop do Centro Superior de Hostalería de Galicia que celebra hoxe a súa oitava edición.
Durante a xornada, os responsables de Recursos Humanos de Palladium, Accor, Mandarín Oriental, Catalonia, H10, Oca Hotels, Starwood, NH, Ritz-Carlton, Hotusa, AC Hotels, Iberostar, Blue Diamond, Ibérica London e Sixt a Rent están a entrevistar aos alumnos que xa finalizaron os seus estudos e buscan unha oportunidade no mundo laboral.
Un total de 15 cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico participan este ano nesta feira que cada ano celebra o Centro Superior de Hostalería de Galicia co obxectivo de axudar aos antigos alumnos a atopar un traballo no sector.