Saturday 16 de November de 2024

O BNG de Oleiros pregunta no pleno de marzo ao Goberno Local sobre a actualización das medidas de apoio económico ás persoas e ás familias en situación de necesidade acreditada


Preguntamos asemade sobre o protocolo establecido nos casos de denuncias de violencia de xénero nos servizos sociais do Concello

O Concello de Oleiros dispón dunha ordenanza de medidas de inclusión social que establece medidas de apoio económico ás persoas e ás familias en situación de necesidade acreditada, para facer fronte a gastos diversos (débedas de alugueiro, de subministracións, ou compra de alimentos e produtos de primeira necesidade). En ocasión, os importes das axudas están ligados a indicadores variables, principalmente o IPREM, pero noutras, como é o caso, establecen unhas cantidades fixas, que non se modifican ao ritmo da inflación. Isto supón que as axudas van perdendo a súa capacidade de axudar, precisamente, e máis nun contexto como o actual, no que os datos sinalan que a cesta básica da compra subiu ata un 30%.

As mulleres teñen varias vías para denunciar ou solicitar asesoramento sobre presuntas violencias machistas por elas padecidas. Sabemos todas das dificultade da situación e da transcendencia da primeira atención. Nos casos que estas presuntas vítimas contactan cos Servizos Sociais do Concello existe algún protocolo de emerxencia para atendelas ou derivalas con inmediatez temporal sen listaxes de agarda ou demoras innecesarias, e se foi abordado na Mesa Interinstitucional?