Friday 22 de November de 2024

A alcaldesa anunciou as novas delegacións que asumirán os edís do grupo de goberno


A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou esta mañá a resolución na que figuran os cambios nas delegacións de goberno que asumían edís socialistas e que pasan a ostentar concelleiras e concelleiros de Terra Galega.

Román Romero, edil de Facenda, Seguridade Cidadá e SPEIS pasará a ostentar as delegacións de Promoción e xestión de polígonos industriais e Participación Cidadá, mentres que Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Bens Inmobles, suma a concellería de Sanidade. As delegacións increméntanse tamén para o edil de Servizos, Ibán Santalla, que asumirá Medio Ambiente e a concelleira de Turismo, Formación, Novas Tecnoloxías, O Ocio e Festas, que tamén ostentará Promoción Económica e Feiras e Mercados. Así mesmo, o edil de Obras Públicas, Persoal, Recursos Humanos, Mocidade e Lecer, Pablo Mauriz, asumirá as delegacións de Infraestruturas Públicas e a de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, levará tamén Benestar Social.

Os cambios realizados, tal e como indicou Ferreiro, serán publicados no Boletín Oficial da Provincia.