De que vale a palabra dada no pleno de febreiro do goberno local ao grupo municipal do BNG de Arteixo se non moven un dedo por ofrecer á veciñanza esta zona de lecer?
O BNG de Arteixo volverá levar a pleno cando acabarán o espazo verde da rúa Republica Dominicana. As instalaciones vanse degradando sen finalizalo e seguimos vendo o panel anunciador tirado que ademais pola súa estrutura metálica pode ocasionar accidentes no estado no que está.
Desde o BNG xa solicitaramos no pleno de febreiro que se finalizasen estas obras e que completasen os xogos infantís do parque e o acondicionamento da zona da República Dominicana e República de Uruguai e que se cumpra co prometido á veciñanza, ” dous anos despois e todo por facer” indican desde o BNG.
“O Goberno local recoñeceu e asegurou que ían ampliar a zona de lecer mais o prometido non se cumple sendo unha obra que non require grandes esforzos e é unha zona de gran poboación que se merece ter un parque de primeira. Vemos con estupor que nen sequera foron por alí pois vemos o cartel anunciador tirado entre as herbas” asegura Xurxo Couto.