Friday 22 de November de 2024

A exposición “Picasso branco no redordo azul” da Xunta amplía o seu horario de visitas o Xoves e Venres Santo


— Abrirá extraordinariamente nos festivos da Semana Santa, ademais do sábado, de 10,00 a 14,00 e 16,30 a 20,00 horas, e o domingo en horario de mañá

— O Museo de Belas Artes da Coruña lucirá de azul desde esta noite ata o domingo para conmemorar que o 8 de abril é a data exacta do 50º aniversario da morte de Picasso

O Museo de Belas Artes da Coruña, que acolle a mostra Picasso branco no recordo azul organizada pola Xunta de Galicia, abrirá aos visitantes os días 6 e 7 de abril, Xoves e Venres Santo, en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,00 horas de maneira extraordinaria. Ademais, seguirá o seu horario habitual na fin de semana: o sábado de 10,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 horas e o domingo en horario de mañá.

A mostra, que repasa a pegada galega na traxectoria de Pablo Picasso, é a única aberta ao público coincidindo coa fecha do 50º aniversario da morte do artista. Con este motivo, o Museo de Belas Artes da Coruña tinguirase de azul desde esta noite ata o domingo pola noite para conmemorar que o sábado 8 de abril é a data exacta do falecemento do artista, no marco da programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.

‘Picasso a través do cine’
Comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, coa coordinación da directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas, e o equipo técnico do Museo, a exposición repasa a pegada galega na traxectoria de Picasso a través de 120 pezas, 68 delas da súa autoría. Inclúe pezas seu período de formación na Coruña e da súa madurez e conta cunha programación paralela que comezou en marzo a alárgase ata xuño.
Entre as actividades de abril, inclúese o ciclo de cine Picasso a través do cine, no que se proxectará unha selección de filmes e documentais que permitirán coñecer a vida e obra do artista desde o martes 25 de abril e continuará en maio os días 2,9,16,23 e 30. O xoves 13 de abril, o Museo acollerá a conferencia O impacto da morte de Picasso na prensa, a cargo de Rubén Ventureira, un dos comisarios da mostra, e a finais de mes celebrarase un concerto extraordinario de música clásica. Ademais, a partir do día 11 de abril comezarán a realizarse as visitas guiadas á mostra previa inscrición, tanto para público xeral como para estudantes. Tamén se celebrarán obradoiros en familia e xuvenís e actividades especiais para público escolar en distintos niveis educativos. Para público adulto tamén se organizarán visitas especiais dirixidas a distintos colectivos e asociacións, así como individuais, sempre previa reserva.

A programación completarase en maio e xuño con conferencias a cargo de especialistas de recoñecido prestixio dedicados desde fai anos ao análise e estudo da súa traxectoria artística e vital, un ciclo de música con cinco recitais dedicados ao propio ao artista e ás cidades coas que tivo algún vínculo persoal e profesional como Málaga, Barcelona, París e A Coruña. Toda a programación pode consultarse na páxina web do Museo de Belas Artes da Coruña.

Conmemoracións oficiais
O 8 de abril de 2023 cúmprese o 50 aniversario do pasamento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente.
Os gobernos de Francia e España acordaron traballar conxuntamente nun programa internacional a través dunha comisión binacional que reúne ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países.

A Celebración Picasso 1973-2023 xira en torno a unhas 50 exposicións e eventos que se celebrarán en institucións culturais de renome en Europa e América do Norte que, xuntas, abordan unha análise historiográfica da súa obra. A celebración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións sobre a obra de Picasso, especialmente durante a importante simposio internacional en outono de 2023 que, ademais, coincide coa apertura do Centre d’Etudes Picasso de París.

O Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional española para a conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso comprácense en apoiar este programa excepcional.