O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza continúa con novas excursións. A próxima saída está programada para o sábado día 29 de abril e inclúe unha ruta de sendeirismo polo Mandeo, da Esperela a Betanzos, e a visita ao Museo das Mariñas.
A ruta a pé sairá de A Esperela e rematará en Betanzos, pasando polo lagar da Esperela, Minicentral do Zarzo, A Espenuca, área de lecer de Chelo, Balneario do Bocelo, Os Caneiros e Cidade vella de Betanzos. A distancia a percorrer é de 18 km e está cualificada como de dificultade media.
A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do 11 de abril ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.