• Propoñemos que o Concello elabore un informe de viabilidade de dúas posibles localizacións de novo solo industrial.
• Se analizaron as opcións na localización preestablecida no PXOM así como unha nova próxima á conexión coa A-54 en Pastoriza.
O pasado venres 31 de marzo, o Partido Popular de Arzúa organizou unha reunión á que convidou á Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, AECA, así como a outros empresarios e interesados en novo solo industrial no concello. Na mesma estivo presente a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto, responsable da maior parte das actuacións da Xunta en canto a solo industrial, para explicar as distintas opcións das que dispón o concello para crear novo solo industrial.
Na reunión, o voceiro popular, Rafael Rivadulla, explicou aos asistentes as opcións analizadas na reunión conxunta con AECA e coordinador de XESTUR (Xestión do Solo de Galicia-XESTUR S.A.) da Zona Norte, Manuel López Real, en febreiro de 2022.
Segundo Rivadulla “daquela xa analizamos a posible ampliación na fase III deseñada no PXOM que, a priori, debido ó deseño en pendente podería encarecer o custo do metro cadrado de solo industrial, pero tamén analizamos áreas próximas, así como a estratéxica saída e entrada á A-54 en Pastoriza”.
Coas conclusións da reunión do venres, así como coa análise realizada nunha reunión este martes, entre membros do Partido Popular, na que se acordou incorporar a creación de solo industrial no vindeiro programa das eleccións municipais, como firme compromiso dos populares co impulso de empresas locais e atracción doutras de fóra do concello.
Tal e como indicou Ánxeles Vázquez, é o goberno local quen debe dar o primeiro paso, presentando un informe de viabilidade da zona ou zonas posibles para creación de solo industrial, un trámite rápido e asumible. Este informe debería ser remitido á Consellería para a súa análise e inicio do proceso administrativo para executar un novo polígono, co que a Consellería correría co seu custo.