Friday 22 de November de 2024

Bergondo reabre ao público o parque de Guísamo, con área infantil renovada e unha nova área de calistenia


● A actuación contou cun orzamento de 111.409,71 euros.

● As novas instalacións contan con pavimento, elementos de xogo e aparellos biosaudables renovados, ademais da creación da área de calistenia para facer deporte.

O Concello de Bergondo reabre ao público o renovado parque infantil e biosaudable da praza de Guísamo ‘José García Verdía’, que conta cunha nova área de calistenia. Este último engadido permite realizar exercicios de forza ao aire libre a través dos aparellos instalados, usando o peso do propio corpo.

As obras comezaran hai dous meses para, ademais de mellorar o parque infantil, ampliar as zonas de lecer con novos elementos de mobiliario infantil e novas funcións. Ademais, adaptouse este equipamento á normativa de seguridade e funcionalidade vixente.

Este proxecto de mellora levou a cabo porque os elementos de xogo da zona infantil e diversos equipos biosaudables presentaban danos en elementos estruturais. Tamén o pavimento amortiguador atopábase deteriorado.

O plan para a renovación dos xogos da zona infantil, dos aparellos do circuíto biosaudable e a creación dunha nova área de calistenia, similar á que xa existe no parque de San Cidre, tivo un orzamento de 111.409,71 euros.