As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 21 de abril
O Concello de Neda volve a sacar a contratación as obras de construción de novas beirarrúas e bordillos naqueles tramos en mal estado, ou mesmo que carecen delas, na Avenida de Alxeciras, entre a rúa Roseira e o Camiño do Regueiro. Unha intervención na que a Administración localinvestirá 102.079,51 euros, orzamento base de licitación, que financiará con cargo aos plans provinciais. Os traballos saen así de novo a contratación tras dous procedementos abertos -un deles quedou deserto e no outro renunciou a empresa-.
Así, as empresas interesadas no contrato poderán presentar as súas ofertas ata o 21 de abril, así como consultar os pregos na plataforma contratación do sector público.
A actuación levarase a cabo en zonas nalgúns casos con graves deficiencias pola súa antigüidade e o sistemático estacionamento enriba das mesmas. En paralelo aos traballos nas beirarrúas, executará tamén á renovación da rede de abastecemento de auga e de saneamento en determinados puntos, aproveitando o levantamento do pavimento.