O Xulgado do Contencioso Administrativo Nº2, emitiu unha sentenza o pasado día 21 de marzo a favor da Deputación da Coruña en relación a unha moción presentada por Alternativa dos Veciños contra a pretensión do Concello de Cambre de que se lle construíse un muro de contención a un familiar do alcalde, que non estaba afectado pola ampliación e dotación de beirarrúas no lugar da Patiña, na estrada de Cambre a Carral.
O proxecto demandado polo Concello á Deputación supoñía un investimento provincial de 136.436 euros. O que propoñía Alternativa dos Veciños limitábase a 93.532 euros. É dicir, 42.904 euros menos, que se querían investir no muro do familiar do alcalde.
Unha vergoña que por desgraza sucede en Cambre e en moitos outros concellos.