Friday 22 de November de 2024

Unha mostra fotográfica que visibiliza o emprego das persoas con discapacidade recala na Pobra


A casa da cultura Raquel Fernández Soler acollerá unha mostra fotográfica promovida por Cegasal que reflicte o día a día no mundo laboral de persoas con discapacidade. A apertura da exposición terá lugar no 11 de abril, ás 12.00 horas, e contará coa asistencia da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o vicepresidente primeiro da entidade, Mino Martínez; e a vicepresidenta segunda, Silvia Alende.

Baixo o título Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, pretende amosar traballadores/as con discapacidade que atoparon un escenario para se desenvolveren profesionalmente a través dos centros que integran a dita rede.

Trátase dunha reportaxe documental captada polo fotógrafo coruñés Diego Silva ao longo de dous anos e medio nunha decena de centros e que, tralo seu paso por varios municipios, chega á Pobra do Caramiñal.