Friday 22 de November de 2024

A III Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame reuniu a 276 participantes, medio cento máis ca na edición anterior


Un total de 276 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na III Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este sábado 1 de abril no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Relacións Veciñais, José Antonio Ces.

Villaverde Pais celebrou a recuperación de “puntos de encontro para todos e todas”, sobre todo “despois duns tempos nos que non nos puidemos reunir e perdemos un pouco o contacto”. Así mesmo, explicou que este ano non se farían as tradicionais homenaxes a persoas concretas, senón que “hoxe é un día para homenaxear a todos os maiores de Lousame”, a quen se dedicou un emotivo vídeo antes do almorzo. Pola súa banda, Arturo Parrado, quen agradeceu o convite a “un acto de homenaxe, de reunión e día de festa para os maiores de Lousame”.