Haberá catro sesións: fisioterapia respiratoria, manexo de rabietas, alimentación infantil e primeiros auxilios pedagóxicos.
O Concello, a través do servizo municipal de atención temperá, organiza unha novidosa iniciativa consistente nun programa de xornadas formativas dende a atención temperá dirixido a familias con fillos de entre 0 e 6 anos de idade.
Nas catro sesións previstas abordaranse cuestións relacionadas co coidado e a educación dos nenos, con estas temáticas:
• 20 de abril: fisioterapia respiratoria.
• 27 de abril: manexo de rabietas.
• 4 de maio: alimentación infantil.
• 11 de maio: primeiros auxilios pediátricos (impartido por Cruz Vermella).
Todas as charlas impartiranse nunha aula do edificio de servizos múltiples da Laracha a partir das 17:00 horas e cunha duración aproximada de hora e media a excepción da última, que será de dúas horas.
Aquelas persoas que desexen asistir deben anotarse previamente de xeito gratuíto poñéndose en contacto co servizo de atención temperá municipal a través do teléfono 981642663. O horario de atención é de luns a xoves de 8:00 a 18:30 horas e os venres de 9:30 a 13:00 horas.
O Concello organiza este programa de xornadas formativas dende a atención temperá en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e co financiamento da Unión Europea.