Friday 22 de November de 2024

Aberto do 10 de abril ao 14 de xuño o período voluntario para o pago dos recibos de lixo, vehículos e vaos


O Concello de Carballo inicia a habitual campaña informativa sobre os tributos correspondentes ao primeiro período voluntario do 2023: imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), taxa polo servizo de recollida de lixo na modalidade de vivenda e taxa pola reserva de espazo para vaos. O período voluntario de cobro estará aberto dende o 10 de abril ata o 14 de xuño.

Este ano o Concello de Carballo pon ao cobro un total de 49.105 recibos.

Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade de vivenda: 18.305 recibos. Importe total do padrón: 1.090.989,76 €.
Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes: 2.078 recibos. Importe total do padrón: 106.977,12 €.
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: 28.722 recibos. Importe total do padrón: 1.395.930,86 €.
As persoas que os teñan domiciliados recibirán, coma sempre, unha carta na que figuran os conceptos e os importes das taxas e impostos, e na que tamén se lles comunica que os cargos nas contas bancarias realizaranse a partires do 12 de maio.

RECIBOS NON DOMICILIADOS
Para as persoas que non teñen domiciliados os recibos, as cartas que recibirán nos seus domicilios tamén serven como cartas de pago. Fixádevos na parte inferior, onde pon “Exemplar para a Oficina de Recadación”, onde atoparedes o importe a pagar e un código de barras que podedes utilizar para pagar nas oficinas e nos caixeiros de Abanca e Caixabank, así coma a través da banca electrónica.
Entre as opcións dispoñibles tamén figura a transferencia bancaria ou ingreso na conta de Abanca ES55 2080 0019 5331 1000 0028.
Outra das posibilidades é realizar o pago a través da pasarela de pagos da páxina web do Concello: www.carballo.gal. Neste caso debes sedeguir estes pasos: entrar no apartado Centro de Atención Cidadá > Sede Electrónica > Outros Servizos > Pago de tributos on-line.
Por suposto, os pagos tamén poden seguir realizándose presencialmente nas oficinas da Recadación Municipal, de luns a venres e de 08.00 a 14.00 horas.
As persoas que desexen información complementaria teñen á súa disposición o teléfono 981704278 e o enderezo electrónico recadacion@carballo.gal