Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame entrégalle á Cruz Vermella de Noia os 1.095 euros recadados na Andaina Solidaria por Turquía e Siria


A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, vén de entregarlle ao presidente da Cruz Vermella de Noia, Emilio Insua Pazos, un cheque simbólico por 1.095 euros correspondente ao recadado na Andaina Solidaria polas persoas afectadas polos terremotos de Turquía e Siria, celebrada o pasado domingo 13 de marzo. Unha iniciativa solidaria organizada polo Concello de Lousame a proposta das dúas voluntarias europeas, Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, xa de volta na súa Turquía natal.

Silvia Agrafojo estivo acompañada polos técnicos de Cultura, Teresa Baluja e Eduardo Agraso (ausente na foto, foi quen a fixo); o técnico de Deportes, Germán Romero; e Juan Montero, en representación do voluntariado lousamiá. Así mesmo, agradeceu a participación da Cruz Vermella de Noia no propio desenvolvemento da andaina.