• A mostra, cedida pola facultade de Formación de Profesorado da USC do Campus de Lugo, foi elaborada polo seu alumnado de primeiro curso, e integra un total de 39 pósteres en recoñecemento a grandes educadoras.
O Centro Social da Rúa acolle ata o próximo 15 de abril a exposición ‘Educación en feminino: Un paseo pola historia’, cedida pola facultade de Formación do Profesorado da USC, do Campus de Lugo, e elaborada polo alumnado da materia de Teoría e Historia dá Educación Escolar, de primeiro curso.
A mostra está integrada por un total de 39 posters nos que se recompila a biografía de máis de 50 educadoras e colectivos de docentes, de distintos lugares e épocas con especial atención ás educadoras galegas da Idade Contemporánea.