Friday 22 de November de 2024

OConcello convoca cinco prazas de albaneis


As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude dende mañá

O Concello de Neda contratará cinco albaneis con cargo ao programa da Deputación da Coruña PEL-Concellos 2023. Será por espazo de seis meses, e as persoas interesadas en optar aos postos poderán presentar a súa solicitude no rexistro xeral da casa consistorial ou sede electrónica municipal a
partir de mañá martes, e por espazo de cinco días hábiles.

A convocatoria está dirixida a persoas desempregadas en situación de exclusión social, e entre outras tarefas, encargaranse da execución de obras de reparación en vías e parques públicos, como traballos de reposición e substitución de materiais deteriorados en beiravías e beirarrúas ou eliminación de barreiras arquitectónicas.

As bases da convocatoria, así como o modelo de solicitude de admisión ao proceso selectivo, poderán consultarse nas oficinas xerais da casa consistorial ou ben na web municipal www.neda.gal