Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame celebra a segunda edición das Xornadas Micolóxicas, que consistirán cun curso de formación gratuíto


As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura (981 82 57 80)

O Concello de Lousame celebra a segunda edición das súas Xornadas Micolóxicas, que se o ano pasado consistiron nunha degustación de cogomelos, nesta ocasión consistirán nun Curso de Formación en Micoloxía Aplicada que terá lugar os días 9, 11, 13 e 14 de novembro na Casa da Cultura. A participación é gratuíta, hai 25 prazas dispoñibles e o prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de novembro na Casa da Cultura (981 82 57 80).

As catro charlas organizadas pola Concellería de Medio Ambiente de Lousame e Hifas da Terra terán lugar en horario de tarde (de 19:00 a 21:00 horas), coa excepción do sábado 14 de novembro que terán lugar de 10:00 a 14:00 horas. As charlas son: “Introdución ao mundo dos cogomelos silvestres”, “Introdución á micorrización” (simbiose entre unha pranta e un fungo), “Cociña micolóxica” e “Micorrización en monte”.