Friday 22 de November de 2024

A Xunta colabora nun programa de acompañamento a maiores do concello de Curtis


Destínanse 18.600 euros a esta iniciativa municipal pensada para combater o illamento dos veciños de máis idade

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta semana un convenio de colaboración co alcalde Curtis, Javier Caínzos, para axudar no financiamento do programa municipal ‘Ao teu carón’. A Xunta achega 18.600 euros a esta iniciativa que ten como obxectivo combater o illamento das persoas maiores con visitas aos seus domicilios por parte de voluntarios.

Con este acordo, a Xunta dá un paso máis en achegar aos fogares dos maiores as atencións que necesitan. A este obxectivo responden medidas como o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), poñendo a disposición de todos os concellos máis horas de atención para levar coidados profesionais ás casas dos veciños de máis idade; ou o impulso da teleasistencia avanzada, para incrementar ata os 10.000 o número de persoas maiores de toda Galicia que contan con apoios tecnolóxicos nos seus domicilios.

Outros programas da Executivo autonómico implantados en Curtis son o Xantar na casa, que leva comida san e saudable aos domicilios de maiores que viven sen compañía; ou o programa de Coidados porta a porta, que volverá a este municipio coruñés en xullo para ofrecer servizos gratuítos en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.