Saturday 16 de November de 2024

Éxito da Cea Fría de Lorbé, con máis de 200 participantes


A segunda cea fría de campaña de Alternativa dos Veciños, na casa do pobo de Lorbé, congregou a un gran número de persoas. Alternativa presentou as propostas máis importantes do partido para a vindeira lexislatura.

Diante de máis de 200 persoas, Alternativa dos Veciños celebrou a súa segunda cea fría desta campaña electoral, na Casa do Pobo de Lorbé. José Manuel García, representante na executiva do partido da Comisión Parroquial, presentou a lista electoral. Tamén interviron os candidatos Igor Pérez e Rosa Méndez.

Posteriormente falou o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane. O alcalde de Oleiros prometeu que o seu partido “loitará ata o final” porque se remate a obra da Vía Ártabra, que calificou de clave para o futuro de Lorbé. Ademais, comentou que sempre terá un bo recordo desta parroquia por ser un lugar “onde sempre se fixo un traballo moi importante para o ben do Concello de Oleiros”.