Friday 22 de November de 2024

O Concello e a empresa Máis Porvir Xestión Social formalizan o contrato de limpeza de edificios e dependencias municipais por 227.000 euros


• A prestación do servizo establécese en tres anos, e cunha posible prórroga dun ano adicional, a partir do 1 de abril.

• Entre os edificios e instalacións que figuran no contrato atópanse a Casa do Concello; os centros sociais de Traba, Soesto e Aplazadoiro; o punto de atención infantil de Laxe ou os vestiarios do campo de fútbol municipal.

O rexedor de Laxe, José Luis Pérez Añón, e a representante da empresa Máis Porvir Xestión Social, Sandra Caamaño Gómez, asinaron este venres na casa consistorial o contrato de servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais por un total de 227.726,76 euros.

Entre os servizos prestados contémplase a limpeza dos seguintes edificios e instalacións: a Casa do Concello, o polideportivo municipal, o edificio de servizos múltiples de Laxe, os centros sociais de Traba, Soesto e Aplazadoiro, as escolas de infantil e primaria de Traba e A Torre, as dependencias da biblioteca municipal, o salón de actos culturais, o local social de Valle Inclán, o Museo do Mar, o punto de atención infantil de Laxe e os vestiarios do campo de fútbol municipal.

O prezo anual da prestación do servizo ascende a 56.931,69 euros, establecéndose a execución do mesmo por tres anos, e cunha posible prórroga dun ano adicional, a partir do 1 de abril.