Friday 22 de November de 2024

Remata a excursión á Sierra de Francia e ao Valle del Jerte para persoas maiores, xubiladas e pensionistas


A iniciativa é organizada polo Concello co propósito de optimizar o tempo de lecer das persoas maiores.

Hoxe remata a excursión á Sierra de Francia e ao Valle del Jerte organizada polo Concello e na que participaron medio centenar de laracheses maiores de cincuenta e cinco anos de idade, xubilados e pensionistas, que estiveron acompañados na viaxe polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

Desde a partida o pasado domingo puideron coñecer lugares como Salamanca, La Alberca, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, San Martín del Castañar, Las Hurdes, Candelario e varios puntos do Valle del Jerte. Hoxe, antes de emprender a viaxe de regreso en autobús, visitaron o municipio de Mogarraz.
O Concello organiza este tipo de iniciativas cos propósitos esenciais de optimizar o tempo de lecer das persoas maiores ofrecéndolles actividades culturais para favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre o colectivo.