O Concello de Oleiros quere dar a en hora boa a todas as persoas premiadas na pasada Gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares celebrada na noite do xoves 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Mención especial merecen Caramuxo Teatro, compañía gañadora do premio ao mellor espectáculo infantil por “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, espectáculo interpretado por Laura Sarasola, formada nos seus inicios nos obradoiros teatrais municipais organizados polo Departamento de Cultura e que por entón estaban dirixidos por Lino Braxe e Flor Maceiras, e á coreógrafa e bailarina oleirense Rut Balbís, gañadora do premio á mellor dirección de movemento polo espectáculo “Ás oito da tarde, cando morren as nais”, do Centro Dramático Galego. Estes premios supoñen un recoñecemento á exitosa traxectoria profesional de ambas.