O Partido Popular de Sada celebrou na súa sede local unha reunión cos hostaleiros de Sada co fin de examinar a problemática do sector e expor algunhas propostas para o seu futuro desenvolvemento .
Dita reunión contou coa presenza do Presidente Provincial dos empresarios de hostalería,Héctor Cañete, e de Esperanza Arias, presidenta do Partido Popular de Sada, e unha representación do sector no municipio.
Foron moitos os aspectos tratados así como a sucesión de intervencións dirixidas a valorar a situación en que se atopa nestes momentos unha actividade tan relevante para o municipio como a da hostalería. Puidéronse escoitar os testemuños de distintos propietarios de negocios así como as valoracións sobre a situación xeral expresada polo Presidente dos Hostaleiros da Coruña.
Cañete ofreceu o apoio da súa entidade para todo o que teña que ver con información etramitacións administrativas para a posta en marcha ou continuidade dos establecementos de hostalería.
Tamén se deu aos asistentes información sobre as distintas axudas e subvencións existentes ás que poderían acollerse e, en concreto, falouse de iniciativas que están postas en marcha como a dos Xeodestinos.
Como conclusión, o Partido Popular asumirá entre as súas formulacións para a próxima lexislatura, a necesidade de promover o asociacionismo no sector en Sada e apoiar a actividade hostaleira creando acenos e distintivos que certifiquen a súa variedade e calidade.
” Tamén poñeremos en marcha iniciativas para a formación de profesionais do sector a nivel local a demanda dos hostaleiros, cos que imos manter unha fluída e continua relación” manifestou a candidata á alcaldía polo Partido Popular de Sada