Friday 22 de November de 2024

O BNG de Oleiros pregunta no pleno de marzo ao Goberno Local sobre a máis que necesaria contratación dunha segunda técnica en Igualdade, nomeadamente unha dinamizadora en Igualdade


Preguntamos asemade se existe supervisión por parte da Axente de Igualdade dos contidos promovidos como feministas/igualdade dende o Concello

No Concello de Oleiros contamos na actualidade e dende non hai relativamente moito tempo cunha Axente en Igualdade. Consideramos insuficiente esta dotación e achamos máis que necesario a contratación dunha segunda técnica en igualdade, nomeadamente unha dinamizadora en Igualdade. Acreditamos que nun Concello das características de Oleiros é claramente insuficiente contarmos cunha soa persoa nestes cometidos tan fundamentais.

De positivas temos que cualificar a axenda de actividades promovidas dende o Concello co gallo do 8-M. Entendemos que parte do suceso puido ter vido da contratación dunha técnica, unha Axente de Igualdade.

Dende o BNG queremos saber se os contidos promovidos como feministas/igualdade dende o Concello como filmes, teatro, leituras….están supervisados ou coordinados pola devandita Axente de Igualdade, a estes efectos elevamos consulta no Pleno.