Saturday 16 de November de 2024

O BNG de Oleiros pregunta no pleno de marzo ao Goberno Local sobre cales son os profesionais cos que vai contar o SATICO para desenvolver as súas competencias en Oleiros


Preguntaremos asemade sobre cal vai ser a relación do SATICO coa xa existente Asesoría Xurídico Social do Consorcio das Mariñas no Concello

O Concello de Oleiros incorporou recentemente á estrutura do Concello o SATICO ( Servizo de Asistencia Técnica en Igualdade), que permitirá a toda a cidadanía contar cun servizo de atención para cuestións de asesoramento e sensibilización en temas de igualdade, para o desenvolvemento de campañas de sensibilización e para a elaboración de ferramentas e recursos que permitan incorporar as perspectivas de xénero e igualdade de trato e oportunidades dun xeito transversal en todo o Concello .

O BNG acha fundamental saber con que profesionais vai contar o SATICO e cal vai ser esa relación co Concello (funcionarial, laboral).

Tamén queremos saber se vai existir coordinación coa xa existente Asesoría Xurídico Social do Consorcio das Mariñas no Concello ou as funcións de ambos os dous órganos serán diferenciadas.