Alternativa dos Veciños presentará a súa lista electoral do Concello de Culleredo nun acto que terá lugar o vindeiro sábado, día 1, ás 12:30 horas, no centro cultural de Almeiras. É un acto aberto á participación de toda a cidadanía no que intervirá a candidata Thais Palla e o presidente de Alternativa Ángel García Seoane.
Indrani Thais Palla Maceiras, natural de Alvedro e licenciada en Dereito, ocupará o primeiro posto na lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Culleredo. Muller fortemente comprometida política e socialmente co seu municipio, a nivel profesional dedícase á resolución de conflitos mediante vías alternativas a xudicial e á divulgación e formación de habilidades para que a comunicación, as relacións humanas e o entendemento entre as persoas poida realizarse desde canles de comunicación construtivas.