Saturday 16 de November de 2024

O Centro Municipal de Formación axudou a que 369 persoas atoparan traballo en 2022


O Concello de Oleiros, a través do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, axudou a 369 persoas a atopar emprego durante o ano 2022. En total foron atendidas 5.840 persoas nas dependencias dos Regos ao longo do 2022.

O Centro Municipal de Formación tamén proporcionou asesoramento a 102 proxectos empresariais e contribuíu ao nacemento de 30 novas empresas que orixinaron 47 novos empregos.