Os espectáculos da oitava edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular rematarán mañá. A compañía galega Pegadas Culturais porá fin á programación deste ano coa estrea da obra “Entra en escena”. A cita será ás 20.30 horas na Casa da Cultura e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. As persoas que acudan deberán dirixirse inicialmente ao Auditorio municipal, na Praza de Galicia, onde se conformarán catro grupos que irán vendo por quendas simultáneas cada un dos catro espectáculos de microteatro que compoñen esta peza.
“Entra en escena” é un espectáculo de luces e sombras, protagonizado por Sandra Martínez, Elvira Arranz, Luis Pérez e Alejandro Valcárcel. Os catro farán un percorrido de microteatro con outras tantas pezas para que o espectador poida ver un reflexo de si mesmo en os personaxes que loitan contra a opresión e as loitas sociais. A loita, a vinganza, a resignación e a evasión son os catro puntos en torno aos que xira esta experiencia teatral.