Fillas de Cassandra, Ataque Escampe ou Familia Caamagno salientan entre as propostas musicais
Tamén actuarán en Fene os humoristas Touriñán, David Perdomo, Oswaldo Digón e Isi
O Concello de Fene ven de acollerse á convocatoria da Rede Cultural da Deputación e solicitar 15 espectáculos que, xunto coas actividades contratadas con fondos propios e os que poida contratar ao abeiro do programa de AGADIC “Cultura no Camiño”, conformarán a programación municipal para os vindeiros meses. Os 15 espectáculos solicitados ao abeiro da Rede Cultural abranguen diferentes xéneros e están dirixidos ao público en xeral. Trátase dun amplo abano de propostas pensadas para todos os gustos.
No eido musical, salientan os concertos programados de Fran Amil, Fillas de Cassandra, AtaqueEscampe, Familia Caamagno e Thee Blind Crows. Tamén actuarán este ano en Fene oshumoristas Touriñán, David Perdomo, Oswaldo Digón, Isi, Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro. En canto aos contacontos e outros espectáculos para bebés e público familiar contratados, a Concellería de Cultura avanza nomes coma Fantoches Baj, María e Jorge, Vero Rilo ou Trémola Teatro. E no eido dos títeres e monicreques, o Concello de Fene volverá participar de novo este ano no certame Festea (Festival de Entes Animados). A programación complétase co espectáculo de danza Frida.
A continuación detállanse as actividades confirmadas entre os meses de abril e decembro de 2023 no Concello de Fene:
ABRIL
Xoves, 20 de abril, ás 19:30 na Casa da Cultura
o Relatorio de Bea Hervella co título O cambio climático en Galicia. (ContandoCiencia).
Programación municipal.
Venres, 21 de abril, ás 20:00 h, no Museo do Humor
o Presentación da monografía dedicada a Xaquín Marín editada polo Museo do Humor e subvencionada pola Consellería de Cultura. Programación Municipal.
MAIO
Martes, 9 de maio, ás 19:30, na Casa da Cultura
o Relatorio de María Canosa co título Máis vale maña que forza (ContandoCiencia).
Programación municipal
Sábado, 13 de maio, 20:30 h, no CMI Unidade de Fene
o Concerto de Fran Amil, Popsía (presentación do libro gañador da última edición do
Premio Pérez Parallé. Rede Cultural en colaboración co CMI Unidade de Fene
XUÑO
Mes de xuño, Casa do Concello de Fene
o Repintado do Mural “Fene pola Paz”, de Xaquín Marín, a cargo de ASPANEPS.
Programación municipal en colaboración con ASPANEPS
XULLO (CICLO: XULLO, MES DA PATRIA)
Venres, 7 de xullo, a partir das 18:00 h na Praza do alcalde Ramón José Souto González.
o FESTA INFANTIL (xogos con auga, obradoiros, animación, inchables…). Programación
municipal.
Xoves, 13 de xullo, ás 20:30, na Praza alcalde Ramón José Souto González
o Habaneiras e canto coral. Programación municipal en colaboración coas corais e rondas participantes.
Venres, 14 de xullo, ás 21:00 h, na contorna do CPS de San Valentín.
o Fantoches Baj co espectáculo Chulises e os velocíclopes (Rede Cultural en colaboración co CPS de San Valentín)
Sábado, 15 de xullo, ás 22:00 h. Praza alcalde Ramón José Souto González
o Monólogo Touriñán. Aquí tou! (Rede Cultural). Entrada gratuíta previa reserva. Aforo limitado.
Xoves, 20 de xullo, ás 21:00 h, Praza do alcalde Ramón José Souto González
o Concerto TRIKITRIKI (programación municipal) e FILLAS DE CASSANDRA co espectáculo Acrópole (Rede Cultural)
Venres, 21 de xullo, ás 21:00 h. Praza alcalde Ramón José Souto González
o Concerto ATAQUE ESCAMPE co espectáculo Xira 2023 e FAMILIA CAAMAGNO, co espectáculo O mundo está derrotado (Rede Cultural)
Sábado, 22 de xullo.
o No Parque Lineal do Río Cádavo, ás 13:00, lectura da Declaración institucional.
o Na Praza do alcalde Ramón José Souto González, ás 21:00 h, concerto de AIRIÑOS DE FENE máis banda convidada (programación municipal)
SETEMBRO
Venres, 22 de setembro, ás 20:00 h, na ACRD O Pote
o Actuación de monicreques, pendente de determinar, no marco do Festival de Entes Animados. Programación municipal coa colaboración da ACRD O Pote.
Sábado, 23 de setembro
o Ás 20:00 h, na A.VV de Magalofes. Actuación de monicreques, pendente de determinar, no marco do Festival de Entes Animados. Programación municipal coa colaboración da A.VV de Magalofes.
o Ás 13:30 h, no Paseo Marítimo de San Valentín, concerto de THEE BLIND CROWS co
espectáculo THEE BLIND CROWS. En colaboración coa A.C. Os Centolos. (Rede
Cultural).
Domingo, 24 de setembro, ás 13:00, no local da SCRD Agarimo de Sillobre
o Actuación de monicreques, pendente de determinar, no marco do Festival de Entes Animados. Programación municipal coa colaboración da SCRD Agarimo de Sillobre
NOVEMBRO (CICLO: NOVEMBRO MES DO HUMOR)
Venres, 3 de novembro, ás 20:00 no Museo do Humor Xaquín Marín
o Actuación de DAVID PERDOMO co espectáculo Level Up! (Rede Cultural)
Venres, 10 de novembro, ás 20:00 no Museo do Humor Xaquín Marín
o Actuación de OSWALDO DIGÓN co espectáculo Ansia viva! (Rede Cultural)
Venres, 17 de novembro, ás 20:00 no Museo do Humor Xaquín Marín
o Actuación de ISI co espectáculo Isi! Ponte monadas (Rede Cultural)
Venres, 24 de novembro, ás 20:00 no Museo do Humor Xaquín Marín
o Actuación de LEDICIA SOLA, CARMEN MENDEZ e MARTA DOVIRO co espectáculo
Sen restricións (Rede Cultural)
DECEMBRO (CICLO DO NADAL)
Xoves, 14 de decembro, ás 18:00 na Biblioteca Municipal
o Actuación de María e Jorge co espectáculo para bebés Cucú (Rede Cultural)
Venres, 15 de decembro, ás 18:00 na Casa da Cultura
o Actuación de Vero Rilo co espectáculo Cacho animada (Rede Cultural)
Sábado, 16 de decembro, Certame de panxoliñas. Local e horario por determinar
(programación municipal coa colaboración das corais e rondas participantes)
Mércores, 27 de decembro, ás 20:00 no CCRD de Perlío
o Actuación de A Cova das Letras co espectáculo Frida (Rede Cultural coa colaboración do CCRD de Perlío)
Xoves, 28 de decembro, ás 12:00 na Biblioteca Municipal
Actuación de Teatro Trémola co espectáculo Brilla, brilla (Rede Cultural)