Saturday 16 de November de 2024

O Goberno de Javier Gestal segue esquecendo as demandas da súa veciñanza coa cesión do colexio Víctor Velasco á entidade familiar ‘Amiga’, no lugar de apostar por un centro de maiores


 No día de onte asinou o convenio para a cesión deste espazo, que se vai a utilizar para unha actividade que “non ten demanda no noso municipio”

 Mouriño quere subliñar “a gran necesidade que ten este Concello dun centro para os nosos maiores, que conte con especialistas para telos atendidos e lles preste os coidados que precisan para facilitar o seu día a día”.

O Goberno Local de Javier Gestal segue olvidándose das demandas dos seus veciños e veciñas, cedéndolle o antigo colexio Víctor Velasco á entidade familiar ‘Amiga’ para levar a cabo o seu centro tecnolóxico, no canto de apostar por algo moi necesario para Carral como é un centro de maiores.
O Executivo local anunciou no día de onte, por todo o alto, a sinatura deste convenio para crear este centro de coworking tecnolóxico, algo que según apunta o candidato do PP, José Luis Fernández Mouriño, “non ten demanda no noso municipio, polo que este espazo vai carecer de utilidade”.
O Goberno do PP, hai catro anos, tiña un proxecto encamiñado dunha gran necesidade para o Concello de Carral, un Centro de Día de 600 metros cadrados situado neste centro, que desde xa hai varios cursos non ten alumnos nas súas aulas.
O Concello xa tiña redactado o proxecto para sacar as obras a licitación e adecuar ditas instalacións municipais ao seu novo uso co obxectivo de poñelo en marcha xa a mediados de 2019. A execución incluía unha mellora na accesibilidade ao espazo cuberto, a creación dunha rampa de acceso ao seu interior, e varios elementos de seguridade que redundarían nunha instalación renovada e lista para o uso adaptado a persoas maiores.
Esta actuación aproveitaba a distribución das carto aulas existentes, conseguindo a funcionalidade dun edificio baleiro, que pasaría a cubrir unha das necesidades máis demandadas pola veciñanza.
Mouriño quere subliñar “a gran necesidade que ten este Concello dun centro para os nosos maiores, que conte con especialistas para telos atendidos e lles preste os coidados que precisan para facilitar o seu día a día”.
“Estamos a falar, ademais, dunha demanda histórica por parte da veciñanza, que solicita este espazo desde hai xa varios anos e que o Goberno local encabezado por Javier Gestal está a obviar” engadiu o candidato popular.
O Executivo actual de Javier Gestal decidiu gardar ese proxecto nun caixón e cederlle o espazo a unha entidade amiga como ‘Amiga Space’, e cederlle os servizos cunha gran superficie de espazo, as salas de actividades, de fisioterapia, comedor, descanso e biblioteca para facer un centro de animación audiovisual.
O anterior Goberno de Mouriño xa tiña un acordo coa Xunta de Galicia para obter o financiamento completo da obra, un financiamento que xa non se poderá recuperar por culpa de Alternativa dos Veciños e PSOE.