A próxima cita terá lugar o 29 de abril, entre Oia e Baiona
Un grupo de 30 veciños e veciñas de Frades percorreron o pasado sábado a primeira etapa do Camiño Portugués, 17 quilómetros entre A Guarda e Oia seguindo o borde costeiro. A próxima cita terá lugar o 29 de abril, onde as persoas participantes farán a segunda etapa entre Oia e Baiona. O prezo mantense nos 10 euros por persoa e etapa. Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.
Con esta iniciativa, xa son seis os itinerarios xacobeos acometidos polos veciños e veciñas de Frades que, dende o ano 2017, xa levan percorridos os tramos galegos do Camiño Francés, do Camiño a Fisterra, do tramo Fisterra-Muxía, da Vía da Prata e do Camiño Inglés.