O centro cívico de Neda acollerá este xoves unha charla informativa sobre prevención de atropelos. Con entrada libre, arrancará ás 17:00 horas, e estará impartida polo coordinador provincial de educación viaria da Dirección General de Tráfico. Informará sobre boas prácticas e normativa, e ofrecerá consellos útiles para reforzar a seguridade dos peóns, incidindo nas medidas para previr os atropelos, como a necesidade de facerse ver na estrada. Todas as persoas asistentes recibirán un chaleco reflectante.