Diana Piñeiro, candidata á alcaldía de Cambre polo Partido Popular, lamenta e denuncia a situación na que quedaron moitos menores de Cambre, por non poñer en marcha o servizo de atención temperá e deixar sen opcións a máis de 200 familias
O goberno municipal bipartito de Unión por Cambre e o Partido Socialista mostraron un comportamento neglixente ao solicitar subvencións para financiar a atención temperá en Cambre entre 2021 e 2024, para despois non prestar o servizo e renunciar a el, coa escusa de que “o diñeiro recibido non é suficiente” e demostrando un abandono absoluto das súas funcións, creando unha grave situación de abandono nas familias destes menores.
Mentres noutros 200 concellos de Galicia son capaces de xestionar o servizo, o Concello de Cambre nin sequera é capaz de licitalo. “O alcalde Óscar García Patiño e o concelleiro Miguel Ángel Gutiérrez Nieto, son os responsables directos do abandono das familias de menores con necesidades especiais”, denuncian dende o Partido Popular.
“Se non son capaces de xestionar un servizo tan esencial e asumir a súa responsabilidade,deixando ás familias catro anos sen atención temperá. “¿En mans de quen está Cambre?”, lamenta Piñeiro.