O festival de música electrónica contará cunha programación diúrna na Fundación Luís Seoane
O Concello da Coruña promove a segunda edición de RetroFuture Day Fest. Esta segunda edición do evento de música electrónica será o sábado 13 de maio. Trátase dun formato expandido de RetroFuture que o promotor e DJ coruñés Fernando Grobas organiza dende 2018 na cidade, e que acolleu 19 eventos ata a data, con artistas nacionais e internacionais que, na maioría dos casos, non tiñan actuado anteriormente en Galicia.
Deste xeito, o Concello da Coruña quere impulsar novas alternativas de ocio e cultura dentro da súa programación anual, aproveitando espazos recuperados para as actuacións en directo como, neste caso, a Fundación Luís Seoane. O obxectivo do Goberno municipal é contar cunha oferta variada e dinámica para todo tipo de público.
Esta nova edición de RetroFuture Day Fest conta como novidade principal unha programación diúrna na Fundación Luís Seoane. As personas asistentes poderán escoitar a sesión de DJ de Waje (17.00-19.00 horas), o directo de Telephasycx (19.15-20.15 horas), o directo de L.F. T. (20.30-21.30 horas) e a sesión de DJ de Violet (21.45-00.00 horas).
A entrada á Fundación Luís Seoane será de balde ata completar a capacidade. A organización ofrece tamén, con entrada de pago, máis programación en horario nocturno nunha sala da cidade.