Friday 22 de November de 2024

O CXPX premia a Galicia polo seu labor de expurgo nos xulgados da comunidade


O CXPX premiou un total once iniciativas postas en marcha para lograr unha Xustiza máis eficaz, transparente e accesible

O Consello Xeral do Poder Xudicial vén de anunciar os “Premios á calidade da Xustiza”, onde a nosa comunidade recibe o Premio polo Proxecto de Expurgo da Documentación Xudicial, como referente da busca da mellora da calidade do servizo público dunha Xustiza accesible.

Os “Premios Calidade da Xustiza” recoñecen a labor de distintos órganos xudiciais de Barcelona, Castellón, Murcia e Valencia. E, ademais da nosa comunidade, aos gobernos autonómicos de Canarias e Cataluña. Á Fiscalía Xeral do Estado, ao Consello Xeral da Avogacía e á empresa Logisman.

A entrega dos Premios Calidade da Xustiza terá lugar o vindeiro 25 de novembro na sede do Consello Xeral do Poder Xudicial.