Celebrarase o 30 de marzo ás 20 horas no polideportivo do Roxal
O Concello de Neda, en colaboración coa delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura -AGA-, organizará unha charlaobradoiro sobre o trampeo primaveral contra a vespa velutina. Celebrarase o vindeiro xoves 30 de marzo ás 20:00 horas no polideportivo do Roxal, con participación aberta á veciñanza.
Integrantes de AGA abordarán o control das raíñas e como evitar a proliferación de niños preto das vivendas. Tamén, a fabricación de trampas e atraíntes, así como as actuacións a desenvolver ante a presenza de niños -aviso, retirada e precaucións-. Por último, ofrecerán nocións básicas en materia de primeiros auxilios ante casos de picaduras.
O obxectivo é contribuír a frear esta especie invasora colaborando no traballo de trampeo e evitando o risco asociado á presenza de niños próximos ás vivendas.