● Impartirase no CEIP José María Lage os días 3,4,5 e 10 de abril e conta cun total de 20 prazas
● As familias empadroadas poden apuntar aos seus fillos e fillas ata o 31 de marzo
● A participación dos menores é gratuíta e as inscricións serán por orde de rexistro ata a data límite ou ata esgotar as 20 prazas existentes
O Concello de Ortigueira, a través da concellería de Igualdade, organiza unha nova edición do programa municipal “Conciliortigueira” durante esta semana Santa.
‘Sen cole non cole’ ofrece a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar durante o período non lectivo dos menores.
As familias empadroadas en Ortigueira poden apuntar aos seus fillos e fillas ata o próximo 31 de marzo.
O programa impartirase no CEIP José María Lage os días 3,4,5 e 10 de abril en horario de 9 h a 14 h e conta cun total de 20 prazas.
A participación dos menores é de carácter gratuíto e as inscricións serán por orde de rexistro ata a data límite ou ata esgotar as prazas e conta co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igualdade.
As inscricións formalizaranse no Rexistro Xeral do Concello.