Friday 22 de November de 2024

Igualdade incide na necesidade de non prexudicar aos menores nos procesos de separación


Susana López Abella participou esta maña no XII Encontro de pais, nais e profesionais en torno ás separacións e divorcios

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu na necesidade de non prexudicar aos menores nos procesos de separación ou divorcios dos seus pais.

Susana López Abella participou esta maña no XII Encontro de pais, nais e profesionais en torno ás separacións e divorcios, onde resaltou que o importante son os nenos e nenas, son os pais os que se separan entre sí, nunca cos seus fillos e fillas.

López Abella relatou que tanto os divorcios, coma as separacións e as nulidades estanse incrementando nos últimos anos, chegando en moitos dos casos a ser contenciosos e prácticamente a metade das unións disoltas teñens fillos/as menores de idade, polo que incidiu en que nunha ruptura, sexa consensuada ou non, os fillos/as non poder ser a principal causa das discrepancias entre os cónxuxes xa que son os maiores prexudicados.

A titular de Igualdade fixo especial fincapé en que son os pais e as nais, na súa forma e xeito de romper a súa unión de parella os que deciden sobre o futuro dos seus fillos/as, e a mellor forma de protección dos nosos fillos/as é que sigan tendo un pai e unha nai. E apuntou a necesidade da prevalencia e máxima importancia dos dereitos dos fillos e fillas, nunha situación de ruptura de parella, xa que se separan os seus pais, pai e nai, nunca se separan os nenos do seu pai ou da súa nai.