A formación musical, co seu director titular David Afkham e a violinista Leticia Moreno, ofrecen concertos o venres e o sábado no Pazo da Ópera
A Orquestra Nacional de España ofrecerá o venres e o sábado cadanseus concertos, retornando asi á cidade da Coruña despois de 25 anos desde a súa anterior actuación.
A Orquestra Nacional de España baixo a dirección do seu titular David Afkham e a violinista Leticia Moreno ofrecerán os dous concertos dentro da programación de abono da Orquesta Sinfónica de Galicia. Serán este venres 24 e o sábado 25 de marzo no Pazo da Ópera, a partir das 20.00 horas.
O programa dos concertos está composto polo “Concerto para violín – The Door in the Wall”, de Benet Casablancas, inspirado nun relato de Herbert George Wells e a “Sinfonía nº 6” de Anton Bruckner. O concerto de Casablancas foi un encargo da propia Orquestra Nacional de España en colaboración co Centro Nacional de Difusión Musical que se estreou en Madrid a pasada semana.
Desta maneira, e dentro da programación de abono da tempada da OSG, a formación musical regresa á cidade da Coruña e ao seu Pazo da Ópera despois de 25 anos, o que supón unha cita moi agardada. Entradas dispoñibles en entradas.ataquilla.com.