Saturday 28 de September de 2024

Presentación Primavera enDanza


Entre o 14 e 29 de abril celebrase a XXI edición do Ciclo Primavera enDanza, no que 4 dos 5 espectáculos programados contan coa colaboración da Rede de Teatros e Auditorios a través do convenio do 1º semestre da AGADIC.

O venres 24 de marzo, ás 12.30 horas, na Praza do Concello de Carballo, presentaremos o programa coa seguinte orde de intervencións:

1. Presentación cunha pequena coreografía da compañía Entremans.

2. Marcos Trigo Facal, concelleiro de Cultura, que presenta e modera a:

– Compañía Entremáns

– Compañía Colectivo Glovo

3. Intervención de Xosé Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña

4. Intervención Jacobo Sutil, director da AGADIC

5. Finaliza Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo