Friday 22 de November de 2024

Alternativa cuestiona que as bolsas para deportistas do 2021 e 2022 aínda non foron aboadas


Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre e próximo candidato á alcaldía, cuestiona os motivos polos que non se abonaron as bolsas aos deportistas do municipio, cos prexuízos que isto a representar aos deportistas solicitantes de dita subvención.

Raúl Varela lembra que o diñeiro utilizado en eventos festivos deportivos, celebrados fora do Concello, en épocas preelectorais, podería ter maior utilidade para poñer ao día nas responsabilidades económicas do Concello, sufragando a débeda contraída con estas subvencións de impulso para o deporte municipal.