Friday 22 de November de 2024

Trinta mulleres aprenderon sobre servizo doméstico nun curso ofrecido en Riveira pola Fundación Humanismo e Democracia


A Fundación Humanismo e Democracia (H+D ONG) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Riveira e co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade acaba de completar no noso municipio un curso gratuíto de formación básica para persoas empregadas no servizo doméstico no que participaron un total de 30 mulleres.

De 30 horas de duración, o curso celebrouse nas aulas formativas de Servizos Sociais e estivo impartido pola docente Blanca Álvarez, quen lles aprendeu ás alumnas como acometer os labores de limpeza da casa, lavado, secado e pranchado de prendas, etc., incidindo en aspectos como o coidado dos pequenos e de persoas maiores. Tamén incluiu un módulo de orientación laboral básica e asesoramento xurídico sobre o réxime laboral de empregadas de fogar: xornada laboral, vacacións, permisos, cotizacións, etc…

A entrega de diplomas contou coa participación da concelleira de Servizos Sociais e Promoción Social, Esther Patiño, ademais da orientadora laboral da Fundación Humanismo e Democracia, Eva Paz. De coordinadora da iniciativa actuou a coordinadora desta ONG, Lucía Maquieira.