A iniciativa está orientada a concienciar a cidadanía sobre as medidas e pautas a seguir para, por exemplo, evitar incendios no fogar
As comunidades e asociacións veciñais interesadas en asistir ás charlas de poderán formular as súas solicitudes a través dos diversos rexistros xerais do Concello
O Concello da Coruña, a través da área de Seguridade Cidadá, pon en marcha un novo programa informativo, destinado á cidadanía, que ofrece charlas orientadas á prevención de riscos no fogar.
A iniciativa está promovida polo servizo municipal de Bombeiros, co obxectivo de concienciar á veciñanza sobre as pautas e medidas a seguir para, por exemplo, evitar incendios nos fogares. Instruirase tamén ás persoas asistentes no procedemento de actuación no caso de darse un incendio no interior dunha vivenda ou inmoble.
Este programa está dirixido, especialmente, a comunidades, asociacións veciñais e aosEGA —edificios de grande altura, de máis de 15 andares— que fosen visitados previamente polo servizo municipal de Bombeiros da Coruña.
As charlas informativas, baixo demanda das asociacións veciñais
As charlas dirixiranse a grupos de, como mínimo, vinte persoas, aínda que Seguridade Cidadá valorará cifras menores atendendo ás especificidades da comunidade en cuestión.
As sesións que impartirán os profesionais do servizo de Bombeiros terán unha duración de entre unha hora e hora e media.