As persoas que asistan a esta cita recibirán un chaleco reflectante de regalo
O Concello de Neda e máis a Dirección General de Tráfico organizan o xoves da semana que vén -30 de marzo, ás 17.00 h- unha sesión informativa no centro cívico de Neda sobre prevención de atropelos. Na iniciativa, que se desenvolverá no centro cívico e estará impartida polo coordinador provincial de educación viaria da DGT, abordaranse as principais pautas para aumentar a seguridade dos peóns.
A charla ten como finalidade esencial informar sobre boas prácticas, dar a coñecer a normativa e aportar consellos útiles para optimizar a seguridade dos peóns, poñendo o foco nas principais causas que provocan os atropelos, os lugares onde habitualmente se producen e os elementos de risco. E, por suposto, incidirase nas medidas para previlos, entre las, a necesidade de facerse ver na estrada para que os condutores poidan tomar as decisións axeitadas a tempo.
A charla está aberta ao conxunto dos veciños e veciñas de Neda e non cómpre anotarse. Todas as persoas que asistan recibirán un chaleco reflectante, un elemento de seguridade que é obrigatorio para todo peón que circule pola calzada ou o a beiravía das estradas interurbanas «entre o ocaso e a saída do sol, ou en condiciones meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente la visibilidade”.