Friday 22 de November de 2024

N.E.V.E.R.M.O.R.E., teatro contemporáneo este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Chévere presenta a obra de teatro contemporáneo N.E.V.E.R.M.O.R.E., dirixida por Xron, coa interpretación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández e Tone Martínez. As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva do pobo galego, un deses lugares que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que non pasaba nada, que todo seguía sendo coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese.

VENDA DE ENTRADAS:
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-gabriel-garcia-marquez/15214–nevermore-de-chevere-producciones-sl.html