Friday 22 de November de 2024

Nava Castro destaca a importancia da calidade na consolidación do Camiño de Santiago como ruta de referencia a nivel mundial


Trátase dun dos principais foros arredor da calidade e a excelencia no sector turístico que arrancou esta mañá no Palacio de Congresos de A Coruña, Palexco

O III Congreso de Calidade Turística, un dos principais foros arredor da calidade e a excelencia no sector turístico, arrancou esta mañá no Palacio de Congresos de A Coruña, Palexco.

Máis de catrocentos profesionais e expertos turísticos públicos e privados danse cita en Galicia nesta reunión internacional para debater sobre o futuro da calidade, promover e coñecer a evolución do Sistema de Calidade Turístico Español e a Marca Q de Calidade Turística e promover acordos de colaboración nacionais e internacionais.

O congreso aglutina, baixo o lema Elige Calidad, Evita Riesgos, un total de cinco mesas redondas e dúas conferencias principais que tratarán os temas máis novidosos relacionados coa calidade turística por recoñecidos expertos tanto do ámbito nacional como internacional.

Entre outros relatores, o Congreso contou hoxe coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que interveu na mesa redonda Un Camino de Experiencias. Iniciativas en torno a la calidad xunto coa directora de Formalización Turística de Paraguai, Asunción Azcona, e o embaixador de Colombia para Austria e Centro Europa e embaixador permanente ante Naciones Unidas en Viena, Jaime Alberto Cabal.

Os integrantes da mesa, moderados polo director xeral do ICTE, Fernando Fraile, presentaron algunhas das iniciativas que estanse a por en marcha ao redor da calidade en camiños e rutas turísticas mundialmente famosas como o Camiño de Santiago, a Ruta Xesuítica ou o Eixo Cafetero-Colombiano.

Así, a responsable de Turismo da Xunta explicou a importancia da calidade nunha das principais vía de peregrinación a nivel mundial como é o Camiño de Santiago e expuxo a labor que desempeña a administración a prol do desenvolvemento sostible e a calidade da mesma.

Nava Castro sinalou que é fundamental apostar pola formación, pola mellora das infraestruturas e pola dotación de servizos acordes ás necesidades dos peregrinos actuais para o incremento da calidade e a competitividade do Camino de Santiago.

Plan Director do Camiño de Santiago
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia explicou que, co fin de proseguir coas actuacións postas en marcha pero dunha maneira máis eficiente e engadir outras accións de relevancia, presentouse este ano o Plan Director do Camiño de Santiago.

Nava Castro expuxo as principais actuacións que se van a levar a cabo para continuar con ese proceso de calidade no Camiño.