A actuación financiarase con cargo ao POS+2021
O Concello de Cabanas vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación da reparación do Camiño de Chamoso, unhas obras que ascenden a 83.127,74 euros.
As actuacións inclúen a mellora da capa de rodaxe, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo, ademais da execución de dous treitos de cuneta de seguridade de formigón, e a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Tamén se instalará un total de 70 metros de barreira de madeira, cos seus correspondentes abatementos, e se acondicionará unha explanada de 320 m2 con zahorra.
Esta actuación realizarase con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, POS+2021 (Achega 2020).