Sunday 24 de November de 2024

O Concello instala nas parroquias oito contedores de recollida de pilas usadas


· Están situados: na Casa do Concello, Casa de Pedra, Biblioteca, Gasolinera de Ponte do Porto, Colexio CEIP do Allo, Museo do Aleman de Camelle, Bar O Colmado de Arou e Almacen Municipal en Xaviña.

O Concello de Camariñas instalou oito contenedores de recollida de pilas nas diferentes parroquias grazas ao Convenio de Colaboración realizado coa Xunta de Galicia, en colaboración coa fundación Ofipilas, para realizar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.

Os contedores están situados: na Casa do Concello, Casa de Pedra, Biblioteca, Gasolinera de Ponte do Porto, Colexio CEIP do Allo, Museo do Aleman de Camelle, Bar O Colmado de Arou e Almacen Municipal en Xaviña.

Con esta actuación o goberno local mantén o seu compromiso co planeta, a redución da pancada de ozono e cos procesos de reciclaxe que benefician a vida e mellora a sustentabilidade do planeta. As pilas poden contaminar durante miles de anos. Os seus compoñentes tóxicos (metais, níquel, cobalto etc.) unha vez tratados poden ser reutilizados reducindo as súas extraccións da natureza e o emprego de uso da auga e outros recursos limitados na súa extracción e transformación.

A recollida de pilas únese ás de trastos, aceites, téxtil, papel-cartón, vidro, pequenos electrodomésticos, bombillas e ademais conta cunha rede de compostaxe doméstica na que participan 300 vivendas e o colexio de Camariñas.

Para máis información sobre este programa, na Zxencia de desenvolvemento local de Camariñas ou no teléfono 981 737 004.